Coordinación académica
O título ten unha persoa coordinadora académica que será unha profesora ou profesor doutor con dedicación exclusiva na Universidade de Vigo. Será designada pola Xunta de Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo por proposta da sua/seu decana/o.
Son funcións propias da persoa coordinadora académica:
- Supervisar a elaboración das guías docentes de cada un dos módulos formativos, realizadas palas persoas responsables das materias e revisadas polas coordinadoras dos módulos, así como do correcto cumprimento ao longo do curso académico.
- Aprobar un informe anual en que se detalle cantas incidencias tiveron lugar durante a impartición do programa formativo.
- Elevar á Comisión Académica cantas propostas considere oportunas para mellorar o funcionamento do plan formativo.
- Calquera outra que resulte da normativa vixente na Universidade de Vigo ou da regulación interna da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, como derivado inmediato dalgunha das competencias que lle corresponden ao centro.
Coordinación profesional
O título ten unha persoa coordinadora profesional, que actuará en colaboración coa persoa que exerza a vicecoordinación profesional, cuxas funcións propias son:
- Elaborar a proposta do plan de prácticas e o seu cronograma para sometelos á aprobación da Comisión Académica.
- Propoñerlle á Comisión Académica a designación das persoas titoras de prácticas.
- Aprobar un informe anual en que se detallen todas as incidencias que tiveron lugar durante a impartición do programa de prácticas.
A persoa coordinadora profesional será designada pola Xunta de Goberno do Ilustre Colexio Provincial da Avogacía de Pontevedra, por proposta da sua/seu decana/o; e a persoa vicecoordinadora profesional será designada pola Xunta de Goberno do Ilustre Colexio de Procuradores de Pontevedra por proposta da sua/seu decana/o.
Coordinador académico
Pablo Grande Seara
Profesor Titular de Dereito Procesal
Facultade de CC.XX. e do Traballo
Campus Universitario de Vigo
36310 Vigo
+34 986 813 891
pgrande@uvigo.gal
Coordinadora profesional
María Teresa Pazos Currás
Avogada
Ilustre Colexio Provincial da Avogacía de Pontevedra
Avda. Reina Victoria, 9
36001 – Pontevedra
mariateresapazos@icapontevedra.es