Coordinación académica
Son funcións do coordinador/a académico/a:
- Supervisar a elaboración das guías docentes de cada un dos módulos formativos, elaboradas polos responsables das materias e revisadas polos coordinadores dos módulos, así como do seu correcto cumprimento ao longo do curso académico
- Aprobar un informe anual no que se detalle cantas incidencias tiveron lugar durante a impartición do programa formativo
- Elevar á Comisión Académica cantas propostas considere oportunas para o mellor funcionamento do plan formativo
- Calesqueira outras que resulten da normativa vixente na Universidade de Vigo ou da regulación interna da Facultade de CC.XX. e do Traballo, como derivado inmediato dalguna das competencias que lle corresponden ao centro
Coordinación profesional
Son funcións do/a coordinador/a profesional:
- Elaborar a proposta do Plan de Prácticas, e o seu cronograma, para sometelos á aprobación da Comisión Académica
- Propoñer á Comisión Académica a designación dos tutores de prácticas
- Aprobar un informe anual no que se detalle cantas incidencias tiveron lugar durante a impartición do programa de prácticas
O coordinador/a profesional desenvolverá e coordinará os 30 créditos ECTS correspondentes ás prácticas externas. Para iso seleccionará os despachos, institucións ou entidades onde se realicen, así como o persoal titor e colaborador que as dirixan. Determinará o plan detallado, calendario e horario de prácticas e establecerá os mecanismos de control precisos para a comprobación da súa axeitada realización e aproveitamento, todo iso conforme ao establecido na Lei e no Regulamento de Acceso, así como na memoria para a verificación do título do máster.
Coordinador académico
Pablo Grande Seara
Facultade de CC.XX. e do Traballo
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 891
pgrande@uvigo.es
Coordinadora profesional
Mª Teresa Pazos Currás
Avogada
Benito Corbal, 52
36001 Pontevedra
+34 986 844 780
mtpazos@bpabogados.es