As prácticas académicas externas constitúen unha actividade formativa realizada polo estudantado en entidades externas á universidade
O principal valor engadido do Máster Universitario en Avogacía e Procuradoría é a oferta de prácticas externas, que se inclúe no plan de estudos, e que permite ao estudantado aplicar os seus coñecementos ao exercicio profesional durante o primeiro e o segundo curso do mestrado.
Contido e resultados
Conforme ó artigo 13 do RD 64/2023, de 8 de febreiro, a formación orientada á obtención do título profesional para o exercicio da Avogacía e Procuradoría deberá comprender o desenvolvemento de prácticas externas tuteladas.
O programa de prácticas terá, entre outros, os seguintes obxectivos:
- Enfrontarse a problemas deontolóxicos profesionais.
- Familiarizarse có funcionamento e a problemática de institucións relacionadas có exercicio da Avogacía e, no seu caso, da Procuradoría.
- Coñecer a actividade do resto de operadores xurídicos, así coma de profesionais relacionados co exercicio da profesión.
- Recibir información actualizada sobre o desenvolvemento da carreira profesional e as posibles liñas de actividade, así coma acerca dos instrumentos para a súa xestión.
- Desenvolver as competencias e habilidades necesarias para o exercicio da Avogacía e, no seu caso, da Procuradoría.
Estrutura
As prácticas externas do mestrado estrutúranse en dúas materias:
- Prácticas Externas Básicas (6 ECTS)
- Prácticas Externas (24 ECTS)
Prácticas externas básicas
Desenvolveranse durante o segundo cuadrimestre do primeiro curso académico do mestrado, cunha carga lectiva de 6 ECTS, que se concretan en 150 horas de prácticas en despachos de avogados e procuradores de recoñecido prestixio, Administracións Públicas (Xulgados, Fiscalía, Centros Penitenciarios, Deputación Provincial) e, no seu caso, outras entidades colaboradoras (asesorías xurídicas de empresas).
A data de entrega da memoria de prácticas aos titores académicos é o 13 de xuño de 2025 na primeira oportunidade e o 14 de xullo de 2025 na segunda.
Asignación de Prácticas Externas Básicas – Curso 2024/2025
Prácticas externas
Desenvolveranse durante o primeiro cuadrimestre do segundo curso académico do mestrado, cunha carga lectiva de 24 ECTS, que se concretan en 600 horas de prácticas, fundamentalmente, en despachos de avogados e de procuradores de recoñecido prestixio, combinándose, no seu caso, con prácticas en Administracións Públicas (Xulgados, Fiscalía, Centros Penitenciarios, Deputación Provincial).
A data de entrega da memoria de prácticas aos titores académicos é o 3 de febreiro de 2025 na primeira oportunidade e o 27 de xuño de 2025 na segunda.
Asignación de Prácticas Externas – Curso 2024/2025
Organización
A organización das prácticas externas depende directamente do Coordinador Profesional do mestrado.
Durante o desenvolvemento das Prácticas Externas Básicas (as do primeiro curso -150 h) e Prácticas Externas (as do segundo curso – 600 h) o estudantado terá un seguimento persoalizado permanente, ao contar cun titor/a profesional (un avogado/a en exercicio con máis de 5 anos de experiencia profesional) e un titor/a académico/a (profesor/a universitario con docencia no mestrado).