Inicio

 

Benvidos á paxina web do Máster Universitario en Avogacía e Procuradoría

O Máster Universitario en Avogacía e Procuradoría é un mestrado de orientación profesional que se rexe polo disposto na Lei 15/2021, de 23 de outubro, pola que se modifica la Lei 34/2006, de 30 de outubro, sobre o acceso ás profesións de Avogado e Procurador dos Tribunais e no Real Decreto 64/2023, de 8 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 34/2006, de 30 de outubro, sobre o acceso ás profesións da Avogacía e a Procuradoría.

Conforme á referida normativa, este mestrado integra a formación especializada necesaria para poder acceder ás avaliacións da aptitude profesional conducentes á obtención dos títulos profesionais da avogacía e da procuradoría. A súa finalización permite tamén o acceso aos estudos de doutoramento regulados polo Real Decreto 99/2011, de 28 de xaneiro, polo que se regulan os ensinos oficiais de doutoramento (modificado polo Real Decreto 576/2023, de 4 de xullo).

A organización e impartición deste mestrado é resultado do traballo conxunto da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo da Universidade de Vigo, do Ilustre Colexio da Avogacía de Pontevedra e do Ilustre Colexio de Procuradores de Pontevedra, conforme ao convenio de colaboración académica suscrito entre as tres institucións.