O Traballo Fin de Máster consiste nun traballo de investigación vinculado á práctica profesional, orixinal e inédito
Para que o estudantado poida matricularse na materia TFM será requisito imprescindible estar matriculado en todas as materias requiridas para finalizar o plan de estudos. A matrícula do TFM realizarase nos períodos oficiais e dará dereito a dúas oportunidades de avaliación nun mesmo curso académico. O réxime da matrícula do TFM será a mesma que a de calquera outra materia.
Para a presentación e aprobación de propostas temáticas de TFM seguirase o seguinte procedemento:
- O/a coordinador/a profesional antes de finalizar o primeiro curso académico solicitará ao profesorado do Máster que realice as propostas temáticas correspondentes aos TFM do curso académico seguinte. Propondrá ós alumnos/as, antes do dia vinte de outubro de cada ano, unha lista de temas para que poidan elixir un deles para o seu TFM nos seguintes dez días naturais á proposta, comunicándoo ao coordinador.
- Unha vez escollido o tema polo alumno/a, o coordinador profesional asignaralle un titor/a para el TFM tendo en conta a temática do mesmo, as preferencias da/o alumno/a e o límite máximo de traballos que, consonte aprobe a CAM en cada curso académico, poida titorizar cada profesor/a. En caso de coincidencia nas preferencias manifestadas por dous ou máis alumnos/as será determinante o expediente académico.
- A CAM aprobará a proposta de TFM realizada polo/a alumno/a segundo o documento oficial correspondente (do cal o modelo acompáñase no Anexo I da presente normativa). Esta proposta conterá alomenos a seguinte información: – Alumno/a. – Titor/a co seu visto e prace. – Título. – Breve Memoria indicando o tema do traballo, os seus obxectivos e o plantexamento do mesmo, que se entregará como anexo á proposta, cunha extensión máxima de dúas páxinas en formato DIN A4.
- Anexo 1 – Modelo de solicitude de proposta do TFM
- Anexo 2 – Modelo de solicitude de presentación e avaliación do TFM
- Anexo 3 – Regras para a elaboración do TFM
Traballo Fin de Máster – Curso 2024/2025
Tribunais do TFM 2024/2025
Relación TFM (setembro) 2024/2025
Asignación do TFM 2024/2025
Propostas temáticas do TFM 2024/2025
Defensa do TFM
Prazo | Depósito | Defensa |
---|---|---|
1º período | 29/01/2025 (na secretaría de decanato) |
07/02/2025 – 09.00 h no ICA de Pontevedra |
2º período | 02/07/2025 (na secretaría de decanato) |
11/07/2025 – 10.00 h no ICA de Pontevedra |