CON-01
O titulado ou titulada poderá recoñecer na elaboración de documentos procesuais, nos interrogatorios e nas probas periciais, as técnicas dirixidas á investigación e o establecemento dos feitos nos diferentes tipos de procedemento.
CON-02
O titulado ou titulada poderá describir detalladamente as distintas técnicas de composición de intereses.
CON-03
O titulado ou titulada poderá identificar as distintas responsabilidades vinculadas ao exercicio da actividade profesional, incluíndo o funcionamento básico da asistencia xurídica gratuíta e a promoción da responsabilidade social da persoa que exerce a avogacía ou a procuradoría.
CON-04
O titulado ou titulada poderá recoñecer as situacións de conflito de intereses que poden producirse na práctica profesional.
CON-05
O titulado ou titulada poderá identificar as técnicas de resolución de conflitos máis pertinentes en cada situación e contexto.
CON-06
O titulado ou titulada poderá formular os requirimentos de prestación e organización determinantes para o asesoramento xurídico e representación procesual.
CON-07
O titulado ou titulada poderá determinar a instancia administrativa ou xurisdicional e a acción ou actuación procedentes para a defensa dos dereitos dos clientes.
CON-08
O titulado ou titulada poderá recoñecer o instrumento xurídico procedente para representar aos interesados ante terceiros, ante as administracións públicas e ante os órganos xurisdicionais.
CON-09
O titulado ou titulada poderá identificar os actos xurídicos que requiran, para a súa eficacia, da intervención notarial e os que necesitan inscrición rexistral.
COMP-01
O titulado ou titulada poderá coñecer e utilizar de forma axustada o dereito á defensa e a postulación procesual dos clientes no marco dos sistemas de tutela xurisdicionais nacionais e internacionais.
COMP-02
O titulado ou titulada poderá coñecer e utilizar adecuadamente as técnicas procesuais na execución dos actos que teñen lugar nas distintas ordes xurisdicionais, con especial atención aos prazos, actas de comunicación, execución e vías de constrinximento.
COMP-03
O titulado ou titulada poderá incorporar os dereitos e deberes deontolóxicos da persoa que exerce a avogacía ou a procura nas relacións con clientes, outras partes, tribunais, autoridades e outros profesionais.
COMP-04
O titulado ou titulada poderá coñecer e aplicar as técnicas máis pertinentes en cada caso dirixidas á identificación e liquidación de dereitos arancelarios, obrigacións tributarias, de constitución de depósitos xudiciais e de atención de cuantos gastos e costas sexan necesarios para garantir a tutela xudicial efectiva dos dereitos das súas persoas representadas.
COMP-05
O titulado ou titulada poderá crear a estrutura organizativa do despacho profesional en función dos recursos humanos que o integran e do tipo de clientes aos que se dirixe, e establecer un protocolo de xestión económica e fiscal para o despacho profesional, de compliance e de protección de riscos laborais e de datos de índole persoal.
COMP-06
O titulado ou titulada poderá expresarse oralmente e por escrito, de forma adecuada ao contexto e ás necesidades ou características especiais de cada destinatario/a, e extraer das feitos consecuencias xurídicas de forma argumentada, en todos os ámbitos procedementais.
COMP-07
O titulado ou titulada poderá interactuar de forma apropiada cos/as cidadáns/as, institucións e outras persoas profesionais.
HAB-01
O titulado ou titulada poderá aplicar correcta e adecuadamente os coñecementos especializados adquiridos no grao no exercicio profesional ante tribunais ou autoridades públicas, así como nas funcións de asesoramento respectando os principios e valores democráticos e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
HAB-02
O titulado ou titulada poderá empregar convenientemente os métodos alternativos á vía xurisdicional para a resolución de conflitos xurídicos.
HAB-03
O titulado ou titulada poderá realizar eficaz e correctamente os actos de comunicación das partes no proceso.
HAB-04
O titulado ou titulada poderá diferenciar, de forma clara e precisa, os intereses privados que representan aos/as profesionais do Dereito dos de carácter público, cuxa execución a lei e os tribunais encoméndanlle, para unha colaboración eficaz cos tribunais na execución das resolucións xudiciais.
HAB-05
O titulado ou titulada poderá aplicar as técnicas de resolución de conflitos máis pertinentes a cada situación e contexto, establecer o alcance do segredo profesional e preservar a independencia de criterio.
HAB-06
O titulado ou titulada poderá utilizar os procedementos, protocolos, sistemas e aplicacións xudiciais, que requiran os actos de comunicación e cooperación coa Administración de Xustiza con especial atención aos de natureza electrónica, informática e telemática.
HAB-07
O titulado ou titulada poderá confeccionar técnicas de traballo en equipo dirixidas a lograr unha maior eficiencia mediante o acceso a fontes de información, o coñecemento de idiomas, a xestión do coñecemento e o manexo de técnicas e ferramentas aplicadas.
HAB-08
O titulado ou titulada poderá planificar a estrutura organizativa do despacho profesional en función dos recursos humanos que o integran e do tipo de clientes ao que se dirixa.
HAB-09
O titulado ou titulada poderá desenvolver traballos profesionais en equipos especializados e interdisciplinares.