Antes do comezo das clases, a Facultade de CC.XX. e do Traballo organiza a Xornada de Acollida para o estudantado de novo ingreso no Máster Universitario en Avogacía e Procuradoría
A Xornada de acollida 2024/2025 celebrarase o vindeiro 14 de outubro de 2024 na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo a partir das 18.30 horas.
Os obxectivos desta xornada son:
- Facilitar ao estudantado o tránsito desde o grao ao posgrao.
- Presentar ao estudantado o Máster en Avogacía e Procuradoría.
- Dar a coñecer ao estudantado os recursos e ferramentas ao seu dispor na Universidade de Vigo e nos Ilustres Colexios da Avogacía e de Procuradores de Pontevedra.