Antes do comezo das clases, a Facultade de CC.XX. e do Traballo organiza a Xornada de Acollida para o estudantado de novo ingreso no Máster Universitario en Avogacía
A Xornada de acollida 2022/2023 celebrarase o vindeiro 17 de outubro de 2022 no Ilustre Colexio de Avogados de Pontevedra a partir das 18.30 horas.
Os obxectivos desta xornada son:
- Facilitar ao estudantado o tránsito desde o grao ao posgrao.
- Presentar ao estudantado o Máster en Avogacía.
- Dar a coñecer ao estudantado os recursos e ferramentas ao seu dispor na Universidade de Vigo e no Ilustre Colexio de Avogados de Pontevedra.